Que é Boiro 2030?

 

O Concello de Boiro márcase o obxectivo de mellorar o seu comportamento fronte ao cambio climático, combatendo a súas consecuencias así como outras agresións ambientais no seu territorio, integrando a adaptación a estes efectos adversos na xestión e planificación pública.

 

A estratexia que se desenvolverá terá en conta as actuais necesidades e problemáticas do ámbito territorial do municipio que definirán as liñas de traballo a desenvolver e que contribuirán a un futuro sustentable fundamentado na loita contra o cambio climático e a cohesión económica, social e territorial, contribuíndo dende o concello aos esforzos globais relacionados coa redución de gases efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático.

LOGOS-3

Esta web e a elaboración da estratexia de sustentabilidade ambiental esta cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

OT 5. “Frear o cambio climático”