A ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

 

O Concello de Boiro promove a elaboración da Estratexia de Sustentabilidade Ambiental ten como finalidade combater as consecuencias do cambio climático e outras agresións medioambientais no ámbito territorial do concello, integrando a adaptación ao cambio climático na súa xestión e planificación pública, facilitando un modelo máis sustentable que permita a adaptación aos efectos adversos do cambio climático e co obxectivo último e fundamental de mellorar a calidade de vida da poboación.

 

Á hora de elaborar a estratexia de sustentabilidade ambiental, terase en conta tanto a planificación municipal como a planificación de carácter autonómico e supramunicipal, aliñando os obxectivos da estratexia cos obxectivos e resultados perseguidos pola Estratexia Galega fronte ao Cambio Climático e e tomando como punto de partida os obxectivos e medidas identificadas no Plan de Acción da Axenda 21 Local da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.

 

Así mesmo a estratexia a desenvolver se adecuará cos obxectivos integrados nos eixos prioritarios do Programa Operativo Feder de Crecemento Sustentable 2014-2020, con especial atención aos obxectivos reflectidos no Eixo 4 – Economía Baixa en Carbono, Eixo 5 – Promover a adaptación ao cambio climático e Eixo 6- Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.

LOGOS-3

Esta web e a elaboración da estratexia de sustentabilidade ambiental esta cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

OT 5. “Frear o cambio climático”